SOBRE MIN
Traballar durante máis de vinte anos en compañías de teatro privadas fai que te convirtas nun todoterreo. Empezas coa aspiración de ser actor e rematas sendo un currante da farándula. Técnico de luces, escenógrafo, produtor, técnico de son, rexedor, figurinista, dramaturgo, distribuidor, atrezzista, director, contable, operador de tremoia... e claro, tamén actor.
É este un oficio de necesidades. A necesidade de aprender. A necesidade de amosar o aprendido. A necesidade de procurar. A necesidade de atopar. A necesidade de coñecer. A necesidade de ser coñecido. A necesidade de...
Dende que son profesional de la farándula, tiven que traballar arreo en todos e cada un dos traballos nos que participei. Ás veces só, pouco recomendable, e na maioría das ocasións en compañía, moito máis enriquecedor e entretido. A máis que banal consigna de capacidade de traballo en equipo faise necesidade (unha máis), nesta profesión. Como en case todas.
Durante todos estes anos aprendín que os que estamos nas táboas, expoñéndonos, non somos tan diferentes aos que nos ven, escoitan e sinten ao outro lado da cuarta parede. De novo sínteste especial e quizáis algo hai pero, coa idade e a experiencia acabas decatándote de que o único que te diferencia dun oficiñista, mecánico, fontaneiro, albanel, médico, avogado, psicólogo, etc., é que a éstes, cando rematan a xornada, case nunca ninguén lles aplaude. A nós sí, e só por iso, paga a pena.
GRAZAS
XURXO CORTÁZAR
Actor/director/produtor